![]()
MEAÑO> Cociña rápida pero saudable. Foi a lección de hoxe no instituto de Meaño. Os alumnos asistiron esta mañá a un obradoiro de comida sa.
{flowplayer}images/salnes/COMIDA_SAUDABLE_IES_DENA.flv{/flowplayer}
MEAÑO> Cociña rápida pero saudable. Foi a lección de hoxe no instituto de Meaño. Os alumnos asistiron esta mañá a un obradoiro de comida sa impartido pola cociñeira e o responsable do restaurante pontevedrés La Tienda de Clara.
O centro leva tres anos desenvolvendo esta actividade dentro do Plan Valora. No menú tiveron unha ensalada con rolo de polo, unhas brochetas de queixo tetilla e fresas, e unha crema de iogur. Pratos sinxelos e orixinais. Os rapaces pasárono en grande e marcharon con algunhas suxestións para preparar na casa. Este ano, os beneficiarios deste obradoiro foron os alumnos de 3º, 4º e 5º da ESO.
Redacción Salnés







