Detido un veciño de Ribeira por se-lo presunto autor dun lume en Deán

    piromano_100_140806.jpgRIBEIRA > A Policía Local de Ribeira detivo durante a madrugada do domingo a un veciño da localidade, de 55 anos, por se-lo presunto autor dun incendio rexistrado nunha zona arbolada no lugar de Deán. A detención foi posible grazas á colaboración dunha parella de mozos que alertou á policía ó ver ó acusado prendendo lume.

    Un veciño de Deán, J.M.L.R, de 55 anos de idade, pasou a disposición xudicial acusado de se-lo autor dun lume rexistrado na madrugada do domingo na Avenida de Ferrol.

    Segundo informou a Policía Local de Ribeira os feitos ocorreron na madrugada do sábado ó domingo cando unha parella de mozos chamou por teléfono á comisaría alertando de que viran a un home prendendo lume nunha zona arbolada na Avenida de Ferrol, en Deán Pequeno. Os mozos estiveron intentando apaga-las lapas ata que no lugar se personou un axente que se atopaba realizando labores de vixilancia na zona da Conlleira. A parella facilitou ó policía unha descripción detallada da vestimenta e do aspecto físico do individuo e comunicáronlle que se trataba dun veciño do lugar.incendio_200_140806.jpg

    As testemuñas acompañaron ó axente ata a casa do presunto acusado e cando este abriu a porta foi identificado inmediantamente, o que facilitou a súa detención. O home, que responde ás iniciais de J.M.L.R, foi trasladado ós dependencias do Corpo Nacional de Policía, quedando ingresado nos calabozos municipais ata esta mañá, cando estaba previsto que pasase a disposición xudicial.

    As primeiras pesquisas apuntan a que o detido tamén puido ser o autor dalgúns dos incendios que se rexistraron na localidade nos últimos días como o de Cruxeiras, Fondevila ou o que afectou ó parque periurbano de San Roque e que pola acción do vento arrasou o lugar casi por completo.

    Redacción Barbanza