A POBRA> O concello da Pobra organiza este sábado un curso sobre Intelixencia Emocional para Pais e Nais do alumnado do IES Pobra. O obxectivo deste obradoiro é proporcionar ás familias as ferramentas axeitadas para facer fronte ó estres e á ansiedade na adolescencia.
Tralo éxito do obradoiro sobre Intelixencia Emocional desenvolvido o pasado no IES da Pobra, o departamento de Servizos Sociais decidiu organizar unha segunda parte. Será este sábado de nove a dúas nas instalacións do centro. O encargado de impartilo será o experto universitario Juan Carlos Santiago que proporcionará ferramentas ós pais para afrontar as situacións de estres e ansiedade derivadas da adolescencia.
Ademais de facilitar a convivencia familiar, este obradoiro busca afondar na mellora da saúde mental do alumnado, directamente relacionada co rendemento académico.
Os interesados en acudir deben inscribirse previamente a través da aplicación Abalar ou contactando co centro.