‘FalaRedes’ chegará esta fin de semana ó Barbanza

    falaredes.jpgBARBANZA> O Secretario Xeral de Política Lingüística  foi o encargado de dar a coñecer en rolda de prensa esta iniciativa.

    {flowplayer}barbanza/falaredesboiro.flv{/flowplayer}

    A caravana da lingua, do programa de promoción do galego FalaRedes, impulsado dende a consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para as entidades locais adheridas á Rede de Dinamización Lingüística, chegará esta fin de semana á comarca do Barbanza, despois de percorrer nos últimos meses diferentes localidades galegas. Farao este sábado, en Ribeira, a partir das once da mañá na Avenida do Malecón, e en Rianxo, a partir das cinco da tarde na Praza Castelao.

    Dinamización do galego

    O Secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañado polos alcaldes dos catro concellos que conforman a mancomunidade Arousa Norte, daba a coñecer este programa que ten coma principal finalidade a dinamización do galego.

    Satisfacción polo programa

    Dende Arousa Norte mostraron a súa satisfacción por ser parte activa deste programa de promoción e defensa do uso do noso idioma.

    Varias actividades

    A caravana incluirá tres actividades gratuitas a través das cales preténdese difundir unha imaxe positiva do galego entre toda a poboación, especialmente os máis novos: o cine, onde poderán disfrutar das mellores curtas en galego e mesmo chegar a elaborar unha historia diante da cámara; as historias orais co ‘O Señor das Dunas’; e a música, mediante o obradoiro ‘Títerehop’.

    Ata decembro

    A iniciativa terá continuidade ata decembro, prevéndose que se desenvolvan unhas 250 accións dinamizadoras por toda Galicia.

    Redacción Barbanza