Atopan en Vilanova un artefacto incendiario preto dos incendios de Baión

    artefacto_100_160806.jpgVILANOVA > Despois de case semana e media pendentes do lume, xa podemos dicir que non arde en Galicia. Os que non se extinguiron aínda foron os incendiarios. Este luns atopouse en Vilanova de Arousa un artefacto explosivo que puido causar unha ducia de incendios no lugar de Sestelo, en Baión, segundo informou a Policía Local.

    artefacto_200_160806.jpgEste artefacto incendiario foi atopado o luns ás dúas e media da tarde na zona de Sestelo, na parroquia vilanovesa de Baión. Foron os propios servizos municipais de extinción os que deron con el cando acudiron a apagar as lapas nesta zona, onde había nese intre unha ducia de focos activos. O artefacto contiña 19 compartimentos de pólvora polo que ó estoupar espallou o lume por diversos sitios.

    Precisamente a pasada semana detíñase a un vilanovés de 35 anos como presunto autor de tres incendios na zona de Sestelo, en Baión, preto de onde se atopou o artefacto incendiario. Sen embargo, a Policía Local de Vilanova non cre que fose empregado por esta persoa, aínda que non descarta ningunha posibilidade.

    Redacción Salnés