O cabildo xa pode gozar das novas instalacións da Confraría

    confraria_vilanova_copy100.jpgVILANOVA> Deputación e Consellería do Mar colaboraron polo mal estado do inmoble. O orzamento ascendeu ós 250.000 euros.

    {flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_CONFRARIA_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    O Presidente da Deputación de Pontevedra e a Conselleira do Mar asistiron onte á inauguración do edificio recén reformado da Confraría de Vilanova. As obras centráronse nunha superficie de 550 metros cadrados repartidos en dúas plantas nos que se creou un local de usos múltiples. A reforma tamén inclúe a mellora da estructura e o cambio da cuberta. Para o alcalde da localidade o máis importante foi a o cambio do tellado.

    Unha obra que asumiu a Deputación por importe de 250.000 euros dos que a confraría asumiu case 30.000 euros. Unha reforma que, segundo Louzán, responde as necesidades reais dos membros do Cabildo.

    Pola súa parte, a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou a necesidade da obra para os mariscadores e os mariñeiros de Vilanova. Recalcou que o máis importante é a ilusión que estes traballadores aínda teñen, a pesares da crise, no sector pesqueiro.

    No acto, Quintana fixo entrega dun obsequio, un veleiro en miniatura, ó anterior Patrón Maior polo seu traballo a prol da Confraría.

    Redacción Salnés