En Vilaxoán construirase un campo de fútbol de céspede artificial

    campo_ftbol_vilaxon_100_070907_-_still_001.jpgVILAGARCÍA > En tres meses os xogadores do Club de fútbol ‘San Martín’ contarán cun campo de céspede artificial.

    O voceiro do Partido Popular de Vilagarcía, Tomás Fole acompañado do enxeñeiro da Deputación de Pontevedra visitaron esta maña o campo de San Martín na localidade de Vilaxoán. O motivo foi establecer unha primeira toma de contacto ca superficie para concreta- las obras que se van realizar. Nuns meses os xogadores gozarán dun campo artificial de céspede. Unhas obras esperadas dende fai moito tempo tanto pola directiva como polos xogadores pero que teñen a súa complexidade polo mal estado do subsolo do campo.

    Para a directiva do club do San Martín, estas obras son moi necesarias pola precariedade na que adestran os xogadores As obras están previstas que rematen en tres meses, unha vez se firme o convenio entre a deputación e o concello. O investimento previsto achegaranse os 400.000 euros.

    Redacción Salnés