O cambio do tempo contribúe á extinción de tódolos incendios

    GALICIA > O cambio do tempo aliviou o problema. Logo de doce días nos que as lapas envolveron Galicia, por fin se voltou á ‘normalidade’ na comunidade galega. Medio Rural informou de que a xornada do martes se pechou por primeira vez sen incendios activos e só quedaban a última hora da tarde focos controlados ou extinguidos. En total rexistráronse na xornada 82 lumes, todos eles controlados.

    tourinorianxovisita_200_160806.jpgNa visita que realizou o presidente da Xunta Coa situación máis baixo control e as condicións meteorolóxicas a favor, Emilio Pérez Touriño, deu por finalizada a crise e declarou que por fin se ve a fin do túnel. Acompañado polo conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, Touriño sobrevoou 28 municipios galegos, para comprobar a magnitude do sinistro. En Rianxo, o responsable do Executivo escoitou os apuros polos que pasaron os veciños e tamén algunhas críticas realizadas por presidentes das comunidades de montes.

    Continúa a alerta

    O presidente deu a crise por finalizada sen deixar de ter en conta que quedan aínda quince días do mes de agosto e todo setembro, o que obriga a manterse en estado de alerta. Por iso é polo que Touriño asegurase tourinorianxovecinos_200_160806.jpgque os recursos despregados seguirán alerta tanto na loita contra o lume como nas investigacións abertas para dar cos autores dos sinistros. Tras pasar a peor etapa, agora é o momento de recuperar as zonas arrasadas, dixo Touriño. Nos consellos dos días 24 e 31 abordaranse en profundidade os incendios forestais mailas medidas a tomar. Por un lado farase un informe preciso sobre os danos e o diagnóstico da situación, e no seguinte incluiranse xa programas concretos de actuación.

    Redacción Salnés