O plan de autoprotección para a Festa da Ameixa, máis preto da súa aprobación

    VILAGARCÍA> Como xa se anunciara no pleno, o concello de Vilagarcía analizou onte cos diferentes departamentos implicados o plan de autoprotección presentado pola confraría de Carril para a Festa da Ameixa. Aínda que o patrón maior non puido asistir, o encontro celebrouse igualmente e, segundo explicaron dende o concello, son necesarias algunhas correccións para que o plan poida levar o visto bo. Os catro gardas de seguridade e a ambulancia propostos para a Festa da Ameixa de Carril no plan de autoprotección presentado polos seus organizadores, serían suficientes. Así o concluíron esta mañá o goberno local e os departamentos implicados na celebración. Unicamente serían precisas pequenas correccións para poder darlle luz verde. Estas deficiencias trasladaranse mañá ao patrón maior, José Luis Villanueva, que finalmente non puido asistir á reunión celebrada esta mañá no concello. Si que participaron nela, ademais de Emerxencias e Policía Local, os xefes de servizo de obras, xardíns, alumeado público ou comunicación. Falta de mesas, de valos ou de persoal de limpeza, son algunhas das dificultades que se atoparán, debido á falta de medios do concello para atender todos os eventos dos días 19 e 20. Onde os recursos municipais non cheguen, terá que ser asumido polos organizadores. Villanueva foi convocado a un novo encontro mañá ao mediodía, para trasladarlle as conclusións da reunión celebrada hoxe.