RIBADUMIA> O sector da produción de fiestras veu diminuída a súa carga de traballo en máis dun 30%. As empresas recuperaron a súa actividade nas últimas semanas tras verse practicamente obrigadas a parar co inicio do estado de alarma. Na situación na que nos atopamos, as mamparas de metacrilato están a ser o máis demando.
O sector da produción de fiestras foi un dos que máis se veu afectado ao principio do estado do alarma. Coa parálise das obras e das demandas de reformas, o sector viuse obrigado a parar. Co avance das semanas, as diferentes empresas foron recuperando a súa actividade pero o seu traballo reduciuse en máis dun 30%.
O paso a fase 1 da desescalada permite ao sector continuar coa recuperación do seu traballo.
O estado de alarma tamén modificou o traballo das empresas. As medidas de protección son esenciais tanto nas naves de produción como nas actividades no exterior.
A pesar das medidas de protección, a obra nova continúa sendo a principal fonte de traballo do sector. Pero co levantamento da corentena, as empresas están recibindo unha gran demanda de mampáras.
A empresa agarda recuperar pouco a pouco a súa actividade. Tamén quixeron mandar unha mensaxe de ánimo á xente para que unha vez que se supere a crise sanitaria, entre todos evitemos a crise económica e volvamos a normalidade.