Nunca Máis convoca a Galicia contra o lume

    nuncamais_contraolume_100_180806.jpgVILAGARCÍA > Nunca Máis volve a convocar a Galicia, pero nesta ocasión contra o lume. O domingo 20 sairá ás doce da mañá unha manifestación desde a Alameda de Santiago de Compostela para parar o terrorismo incendiario e por un cambio nas políticas para o noso monte. O colectivo propón un bosque autóctono menos susceptible de ser queimado.

    nuncamais_contraolume_300_180806.jpgO colectivo ecoloxista Nunca Máis considera que a vaga de incendios dos últimos días provocou unha situación de crise total na superficie forestal, pola superficie queimada pero tamén pola intencionalidade na maioría dos casos, con criterios de actuación arredor de núcleos de poboación aumentando aínda máis a alarma social.

    Ante esta situación de emerxencia, Nunca Máis, considera que a cidadanía galega debe saír unha vez máis á rúa. A manifestación celebrarase en Santiago o domingo ás doce baixo o lema Galiza contra o lume, e con dúas esixencias claras. Unha, parar o terrorismo incendiario, concienciando á sociedade de que hai que denunciar e frear estas actuacións dos pirómanos, pero tamén reclamando que os culpables cumpran as penas que lles correspondan. Outra, cambiar as políticas para o noso monte. Nunca Máis considera que é o tempo de por as bases para un novo aproveitamento do monte e propón un bosque autóctono menos susceptible de arder.

    Redacción Salnés