Alumnos do Obradoiro de Emprego aplican técnicas de repoboación pioneiras en Rianxo

    sementeira1_100_120806.jpgRIANXO > Na parroquia de Leiro, no concello de Rianxo, xa comezaron as tarefas de rexeneración das zonas queimadas polo lume. Asesorados polo Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia e coa colaboración das comunidades de montes, os membros do obradoiro de emprego de Rianxo están a poñer en práctica técnicas de repoboación pioneiras.

    Este é un proxecto piloto impulsado polo concello de Rianxo co que se pretende crear canto antes unha cuberta herbácea nos solos arrasados polo lume prestando especial atención a aquelas zonas de pendente por ser as máis sensibles ós procesos erosivos.

    Os membros do obradoiro de emprego, asesorados polos expertos do Instituto desementeira2_200_210806.jpg Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, traballan na parroquia de Leiro, onde están a realizar fundamentalmente dúas actuacións. Naqueles terreos nos que é necesaria a tala das árbores reaproveitanse as súas pólas e exténdense polo solo para evitar que a capa de cinza se desprenda e chege ós cursos de auga. Noutros lugares, están a poñer en práctica técnicas de hidrosementeira que permiten crear en poucos días bandas de vexetación que frean o arrastre do solo. 

    O Director do Obradoiro de Emprego, Santiago Páramo, comentou que nestes primeiros días están a traballar en terreos propiedade das comunidades de montes pero que estas técnicas tamén se aplicarán en terreos de xestión municipal. Ademais comentou con esta iniciativa os alumnos do obradoiro adquiren unha maior formación nas técnicas de rexeneración da paisaxe. No lugar tamén se atopaba o presidente da comunidade de montes de Leiro, quen aproveitou a ocasión para solicitar un cambio na actual política forestal do goberno, un cambio que segundo comentou debería pasar pola concentración de terreos xa que isto facilitaría a limpeza dos terreos e evitaría que nun futuro se repetisen situacións semellantes ás vividas hai unhas semanas. 

    Redacción Barbanza