Feijóo comprométese a crear 4.500 prazas de infantil antes de 2013

    escola_barro_copia.jpgBARRO> O Presidente da Xunta facía estas declaracións na súa visita á escola infantil de Barro xunto á Conselleira de Traballo e Benestar.

    {flowplayer}images/salnes/FEIJOO_ESCOLA_BARRO.flv{/flowplayer}

    O alcalde de Barro, Jose Antonio Landín recibiu esta mañá ó Presidente da Xunta de Galicia e á Conselleira de Traballo e Benestar na súa visita á escola infantil da localidade. Un centro que, nestes momentos, conta con vinte e nove nenos de cero a tres anos pero cunha capacidade para sesenta e un. Unha infraestructura que, segundo Feijoo, é un exemplo da labor que queren levar a cabo en toda a comunidade galega.

    Desde setembro do ano 2009 ata hoxe, Feijoo confirmou que xa se crearon un total de mil cincocentas novas prazas na rede de escolas infantís de Galicia. Ademais, informou que ó ritmo ó que están a traballar van cumprir o seu compromiso de crear antes de 2013 un total de catro mil cincocentas novas prazas.

    Isto vai a supoñer o incremento dun vinte e sete por centro no número de prazas para os cativos de cero a tres anos da comunidade galega.

    Redacción Salnés