O ourizo de Portonvo é considerado unha delicatessen en Francia, Italia e Xapón

PORTONOVO> O ourizo de Portonovo triunfa nos mercados internacionais. O produto é moi demandando en países como Francia e Italia e dende hai uns anos está en continuo crecemento en Xapón. A súa comercialización supón un ingreso importante para a rula portonovesa.

A lonxa de Portonovo conta cun produto que triunfa nos mercados internacionais, trátase dous ourizos. Son catro embarcacións as que se dedican a este produto. Os ourizos chegan á rula portonovesa e é trasladado de inmediato ás depuradoras para posteriormente ser transportado aínda con vida aos países que máis o reclaman.

O mercado europeo é o que máis reclama este produto, pero nos últimos anos a demanda crece tamén en países asiáticos como Xapón.

Neste países o ourizo considérase un alimento exquisito.

Estes catro barcos traballan 6 meses o ano. Os días de traballo teñen unha cota de 80 quilos por embarcación. Nas épocas boas, o quilo de Ourizo poden venderse a máis de 20 euros. A facturación deste produto supón un ingreso importante para a lonxa de Portonovo.

O ourizo recóllese nas zonas rochosas da costa como por exemplo en punta Faxilda. Se o tempo acompaña, os barcos tamén teñen permisos para recollelo en Ons. O ourizo de Ons está catalogado como un dos mellores do mundo e conta con premios en catas internacionais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí