Medio Rural cobrará ós propietarios por extinguir incendios

    GALICIA > A Consellería do Medio Rural traballa nun proxecto de lei sobre prevención e loita contra incendios forestais que lle permitirá gravar cunha taxa cada unha das operacións que realicen as brigadas contraincendios en montes privados ou comunais. Trátase de trasladar ás brigadas forestais un modelo xa implantado noutras comunidades autónomas, coma Andalucía ou Estremadura, pero tamén nos parques de bombeiros que operan en Galicia.

    lume_300_210806.jpgSe ben as contías que se cobrarán non están aínda estipuladas sábese que se prevé aplicar unha taxa por cada hectárea’ na que se actúe e que se fará unha distinción de prezo dependendo dos medios de exinción empregados: terrestres ou aéreos xa que a hora de voo dun hidroación ascende a 3.000 euros.

    Esta normativa prevese aplicar tanto ós montes de titularidade privada, que son o 68% do total, coma ós comunais, que son o 30% da superficie forestal. O monte público, o 2% do total, quedará exento desta taxa. Se un particular solicita auxilio ós efectivos de extinción cobraráselle o servizo que se lle preste.

    O prezo de cada quilómetro cadrado extinguido estaría gravado cunha taxa de 3.000 euros (medio millón de pesetas), tal e se fai hoxe por hoxe en Andalucía e Extremadura. En calquera caso, Medio Rural advirte de que non é unha ‘medida recadatoria’, senón dunha forma de corresponsabilizar ós propietarios na política forestal.

    Redacción Salnés