Ana Pontón solicita un avaliación da peligrosidade da rotonda do colexio Castelao

    rotonda2_100_210806.jpgRIANXO > A deputada do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, estivo esta mañá no concello de Rianxo para comprobar ‘in situ’ as repercusións e o impacto que pode causar a nova rotonda na seguridade dos alumnos do colexio Castelao.

    Ana Pontón estivo acompañada polo portavoz nacionalista en Rianxo, Xoan Bautista Mariño, e por unha representación dos pais dos alumnos do Colexio Castelao, que lle expuxeron á nacionalista a súa preocupación polos riscos derivados da instalación dunha rotonda a tan só tres metros do centro escolar. En resposta a esta situación, a deputada nacionalista comentou que van levar esta cuestión ó parlamento galego para que se faga unha avaliación do impacto da rotonda na seguridade dos alumnos do colexio.

    Ana Pontón quixo facer fincapé na importancia de garantir a seguridade e a rotonda1_200_210806.jpgtranquilidade da comunidade educativa e tamén na necesidade de que se tomen as medidas adecuadas canto antes para evitar posibles riscos durante o período escolar. Pola súa banda, os pais consideran que é unha imprudencia manter a ubicación actual da rotonda e solicitan ó executivo local que rectifique no proxecto e elimine dita infraestructura antes de que os rapaces comecen o curso. 

    Ademais o colectivo de pais non se rende e para este domingo convocaron unha manifestación diante da casa consistorial.

    Pola súa banda o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro, explicou que a obra de construcción da rotonda contou dende un principio cos informes técnicos favorables para a súa execución e mesmo coa aprobación do proxecto por parte dos representantes do colexio. Según o rexedor rianxeiro, o informe de seguridade realizado indica que a construcción desta infraestructura nas inmediacións do centro escolar no supón ningún risco para os alumnos, aínda que non descarta a posibilidade de eliminala se se constata que non se garante a seguridade dos rapaces. 

    Redacción Barbanza