Os alumnos do obradoiro Iroite logran un certificado de profesionalidade

    LOUSAME> A delegada territorial da Xunta presidiu o acto de clausura do obradoiro Iroite, desenvolvido nos concellos de Lousame e Porto do Son. Esta iniciativa, financiada polas tres administracións, permitiu a formación profesional de vinte alumnos en albanelería e no eido sociosanitario. Os vinte alumnos do obradoiro de emprego Iroite recollían esta mañá o diploma acreditativo da formación teórico práctica adquirido ó longo dos seus meses. Unha certificación de profesionalidade válida en todo o territorio nacional que servirá como primeira porta de acceso ó mercado de traballo. Precisamente a inserción laboral é o principal obxectivo da Consellería de Traballo coa promoción destes obradoiros que presentan altas taxas de incorporación ó traballo. Por esta razón, tanto dende a Xunta como dos propios concellos están a realizar un importante esforzo inversor promovendo a formación como mellor camiño para atopar un emprego. Os vinte alumnos deste obradoiro formáronse nas especialidades de albanelería e de atención sociosanitaria. Esta última conta cunha importante demanda na comarca xa que tanto o concello de Lousame como o de Porto do Son contan con centro de día.