Un mozo da Pobra ingresa en prisión por tráfico de drogas

POBRA> A Garda Civil detivo a un mozo da localidade, de 34 anos, por un presunto delito de tráfico de drogas. Os axentes sorprendérono no seu vehículo con algo máis de vinte gramos de cocaína e 415 euros  en metálico.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado a substancia comisada suporían ó redor dunhas noventa doses que alcanzarían un valor próximo ós dous mil euros.

Despois de pasar a disposición xudicial, o Xulgado de Instrución Número 1 de Ribeira decretou o seu ingreso en prisión. Dáse a circunstancia de que xa fora detido en pleno confinamento por feitos similares.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí