A Administración Número 1 de Ribeira repartiu 150 mil euros do primeiro premio da Lotaría Nacional

RIBEIRA> A Administración de Lotarías Número 1 de Ribeira, situada no número 14 da rúa Cristóbal Colón, a carón da igrexa parroquial, volve a entregar un premio millonario.

Neste caso foi no sorteo da Lotaría Nacional de onte xoves.

O número premiado no sorteo foi o 07131, do que a Administración vendeu cinco décimos, que suman no seu total uns 150 mil euros.

O xerente da Administración, descoñecía polo de agora a identidade dos posibles agraciados, que puideran ser tanto clientes habituais coma turistas, que estes días ateigan a cidade.

Non é a primeira vez que esta Administración reparte a sorte entre os seus clientes.

Os máis importantes se cadra no 2022 cando entregou un millón de euros do Euromillón e en 2020 repartiu 4,8 millóns noutro sorteo da Lotaría Nacional.