RIBEIRA> O Concello de Ribeira informou de que xa foi adxudicada á empresa Comercial Mallo Area, S.L., a subministración da madeira tratada necesaria para a ampliación do sistema de pasarelas da praia da Catía por un importe de máis de 58 mil euros. A actuación, que será realizada polos alumnos de carpintería do obradoiro de emprego Tahúme, será realizada na primeira semana de abril e implicará a prolongación desta da pasarela en 475 metros repartidos en dous tramos. De acordo co proxecto técnico elaborado polos servizos municipais, un primeiro tramo partirá da desembocadura do río Listres e unirá as praias de Catía e o Castro ó longo de 300 metros. A maiores, nesta área de actuación situaranse cinco bancos de madeira e un lavapés de praia. Tamén se instalarán dous pasarelas de madeira transversais de aproximadamente 6 metros de longo cada unha co fin de facilitar o acceso ao areal. A segunda zona de actuación estará delimitada nas inmediacións da zona do Carreiro, no tramo final da Catía. Neste punto, instalaranse outros 175 metros de pasarela.
Inicio Barbanza - Muros - Noia