Os afectados polas preferentes no Barbanza comezan a organizarse

    concentracionafectadospreferentes100.jpgRIANXO> Afectados polas participacións preferentes de Novacaixagalicia concentráronse ante a oficina de Rianxo para denunciar a súa situación.

    {flowplayer}barbanza/concentracionafectadospreferentes.flv{/flowplayer}

    Enganados e indefensos. Así se senten os clientes de Novacaixagalicia afectados polas participacións preferentes polo que decidiron saír á rúa para facer visible a súa situación;.

    A historia repítese na maioría dos casos. Movidos pola confianza no persoal do banco investiron os seus aforros sen ser informados dos riscos dos produtos que estaban a contratar. Agora non poden recuperar o seu capital e, por se fóra pouco, deixaron de percibir os intereses. O mesmo lle aconteceu a Justo que non puido dispoñen dos cen mil euros que tiña depositados e tivo que pedir un crédito.

    Plataforma Arousa Norte

    Os afectados fan un chamamento para que tódalas persoas que puideran estar nunha situación similar se unan a eles para facer máis forte. Polo momento, xa se constituíu a plataforma de Arousa Norte, que xunto coas demais de Galicia, non pensan deixar de facer ruído para que lles devolvan os seus cartos.

    Redacción Barbanza