O executivo rianxeiro rehabilitará catro vivendas máis para destinalas a alugueiro social

RIANXO> O Concello confía en avanzar os trámites para poder dar comezo de inmediato ás obras e que poidan estar xa operativas no vindeiro ano.

Ó tempo que se executan as obras da rehabilitación do primeiro bloque, uns traballos que van a bo ritmo, o executivo local traballa xa nunha segunda fase. que permitirá recuperar para uso social outro dos bloques das coñecidas antigas vivendas dos mestres, poñendo outras catro vivendas máis a disposición daquelas familias con menos recursos do municipio.

O goberno local traballa tamén nun proxecto para que dous dos baixos destes edificios de uso municipal pasen a ser a sede dunha área de traballo destinado a persoas con demencia tipo alzheimer, para o que se asinará un convenio de colaboración coa asociación Agadea.

Comments are closed.