A Xunta de Galicia investiga a situación dos furanchos do Salnés

    VILAGARCÍA > Máis de 50 furanchos do Salnés serán sancionados pola Xunta de Galicia ó non cumpri-la normativa en materia hostaleira. Así llo confirmou a Dirección Xeral de Turismo á Unión de Profesionais e Autónomos de Vilagarcía e á Asociación de Iniciativas Turísticas que hai uns días denunciaran a cinco concello por desatende-la súa función de control sobre estes locais.

    O presidente de UPTA-Vilagarcía, Eduardo Abad Sabarís, está moi satisfeito. Considera que tódolos esforzos dos últimos meses están sendo agora recompensados. A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Turismo, ven de asegurarlle que intervirá no tema dos furanchos para que estes locais teñan os mesmos deberes que o resto de hosteleiros, tanto en cuestións de a permisos e impostos, como no de normas sanitarias e horarios de peche. Os autónomos, apoiados pola Asociación de Iniciativas Turísticas de Vilagarcía, comezou a mediados de ano esta loita tras recibir numerosas queixas de socios que se sentían prexudicados pola actividade destes locais sen permisos e que ofrecían os mesmos servizos que calquera restaurante. A partir destas queixas comezaron unha investigación que lles levou a facer un censo de furanchos e poñe-lo tema en mans de concellos, Xunta e mesmo da xustiza. Un intenso traballo que comeza a obte-las súas recompensas xa que parece que a Xunta está investigando a situación destes locais e sancionando ós que incumpren a lei.

    Redacción Salnés