O PP pranta a Suárez Canal e Méndez Romeu

    PONTEVEDRA > Varios alcaldes populares plantaron ós conselleiros Méndez Romeu e Suárez Canal nas xuntanzas sobre os incendios mantidas en Santiago e Pontevedra. Pola mañá saíron da reunión unha decena de rexedores do PP, e pola tarde, foron unha vintena, entre eles o de Barro, Meis e Cambados. En ambos actos, os populares esixiron unha rectificación do presidente da Xunta polas acusacións de obstruccionismo recibidas desde o BNG.

    alcaldesppvanse1_200_300806.jpgÓ igual que pasou en Santiago, en Pontevedra os alcaldes do PP convocados á reunión puxeron de manifesto o seu malestar co goberno da Xunta. Do PP había convocados 21 pero abandonaron a sala uns 18 e só quedaron á reunión os de Valga, Meaño e Oia.

    Antes, o rexedor de Barro, José Antonio Landín, deu lectura a un comunicado no que esixen unha rectificación e unha desculpa polas declaracións de membros do BNG nas que acusaban ó PPdeG e ós seus alcaldes, de falta de colaboración e obstruccionismo na loita contra os incendios. Landín é precisamente un deses alcaldes directamente aludidos nas acusacións nacionalistas.

    Os conselleiros de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, e o de Presidencia, Méndez Romeu, convocaron polasuarezcanalmendezromeu_300_300806.jpg tarde ós alcaldes das provincias de Pontevedra e Ourense para explicarlles as medidas aprobadas pola Xunta e o Goberno central, tralos incendios que arrasaron Galicia a primeira quincena de agosto.

    alcaldespermanecen_200_300806.jpgPara o PP estas non son axudas senón esmolas e anunciaron que non participarán no seu reparto. O PP pide claridade e non insultos á Xunta, a quen considera responsable subsidiaria do desastre ecolóxico e medio ambiental que supuxo a vaga de incendios. Os conselleiros amosáronse moi decepcionados pola actitude dos populares e sorprendidos porque non queiran participar do reparto de axudas. Sinalaron que o momento do debate político será dentro de dous días, cando ambos comparecerán ante o Parlamento de Galicia.

    Redacción Salnés