A Consellería xa pode reclamar os terreos para ampliar o Hospital

    VILAGARCIA> A parcela lindeira co Hospital do Salnés xa é propiedade de Mancomunidade do Salnés,…

    {flowplayer}images/salnes/formalizada_venda_terreos_hospital.flv{/flowplayer}

     … co que a Consellería poderá dispoñer destes 2.500 metros cadrados cando queira para acometer a ampliación deste recinto hospitalario, tan demandada na zona.

    O proceso de negociacións foi longo e complicado por mor da falla de claridade e determinación dos titulares das parcelas. Agora o acordo está pechado e agora deberá ser a Consellería de Sanidade a que se pronuncie sobre a forma de recepción dos terreos.

    En caso de que llelos haxa que ofrecer chans, ó nivel do actual centro hospitalario, a Deputación de Pontevedra xa ofreceu a súa brigada de obras para acelerar o proceso. No tocante ós prazos do comezo das obras, este Alcalde de Vilanova e Presidente da Mancomunidade non se atreve a quedar pola Consellería. E é que a Deputación pontevedresa foi a encargada de facilitar un crédito para que esta Mancomunidade puidese asinar a compra. Os Concellos da contorna terán 15 anos para devolvelos cartos, con 3 de carencia.

    Unhas condicións máis que vantaxosas que, segundo Gonzalo Durán, debería espertar a vergonza dos dous alcaldes socialistas da zona, o da Illa e o de Catoira, que se negan a contribuír.

    Parella a esta ampliación podería executarse unha redistribución dos usuarios deste Hospital, co que se evitarían paradoxos como o de que doentes de Caldas, que viven a menos de medio quilómetro deste centro teñan que desprazarse a Pontevedra, por ser o que lle corresponde o seu Concello.

    A maiores, desde a Mancomunidade do Salnés presentarán mañá un proxecto privado en terreos públicos que se pretende executar no entorno a maiores do aparcadoiro.

    Redacción Salnés