Ás nove na praia regresa o 1 de xullo con protagonismo feminino

VILAGARCIA> Vilagarcía presenta unha nova edición do chill out Ás nove na praia. O evento contará este verán con concertos unicamente de mulleres. Terá lugar na praia da Concha dende o 1 ata o 14 de xullo.

Un dos festivais que nunca faian en Vilagarcía é o Ás nove na praia. O chill out, un dos poucos eventos que se mantivo durante a pandemia, regresa este verán á praia da concha. A principal novidade do evento é que os concertos serán unicamente de mulleres.

Outra das novidades, é que o festival integra á xente da rúa. En lugar dos DJ´s este ano haberá sesións de vilagarciáns.

O Ás nove na praia aumenta a oferta cultura de Vilagarcía, o festival comezará unha vez rematado o ClasClas. Dende o concello o sinalan como un exemplo para poder gozar respectando a seguridade.

O evento celebrarase dende 1 ata o 14 de xullo. O único día que non hai unha actuación programada é o 12, xa que coincide co concerto de Ortiga dentro do Atlantic Festa. Aínda así, a música non faltará no Ás nove na praia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí