Matías González recibe o primeiro non de PSOE e BNG, ‘é unha lástima que non se cumpra o desexo das urnas da Illa’

A ILLA> Matías González recibe un non do PSdeG e especialmente do BNG na súa primeira toma de contacto coas formacións para conseguir a alcaldía da Illa. O candidato popular, que está pendente da súa expulsión do partido, agarda que a súa saída dos populares axude a que algunha das outras formacións o apoie como alcalde, de non ser así, lamenta que non se cumpra o desexo maioritario da veciñanza da Illa.

O partido popular da Illa de Arousa conseguiu nas eleccións municipais un dos mellores resultados da súa historia, empatando co acadado no 2015, aínda que nun contesto no que a Illa contaba con trece concelleiros en lugar de once como agora. A pesar da gran subida, o equipo de Matías González non acadou a maioría absoluta co que o resultado resulta agridoce.

Os bos datos de Matías Gónzalez chegan tras unha campaña electoral na que a súa a formación anunciou que non formaría parte do grupo municipal tralas eleccións. O candidato está pendente da decisión do partido pero todo fai indicar que pasará a ser un concelleiro non adscrito. Aínda así conta coa confianza do seu equipo e non ve necesario que eles teñan que saír da formación.

Matías González abriu a porta as outras formacións para intentar formar parte do goberno. A súa saída do PP cree que pode axudar achegarse aos outros partidos, aínda que polo de agora ambos dixéronlle que non.

De non contar con el para o goberno, Matías lamenta que non se cumpra o desexo da maioría da veciñanza.

Matías intentará seguir negociando coas formacións para chegar ao concello, de non ser así aínda ten outra opción, en caso de que PSdeG e Bng non cheguen a acordos, podería gobernar en minoría ao ser a lista máis votada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí