![]()
VILAGARCÍA > A alcaldesa Dolores García asinou hoxe as resolucións polas que se crea a Xunta Local de Goberno …
… e se definen as áreas de xestión e as delegacións. Dáse así un paso máis para a definitiva normalización política do Concello, logo das eleccións do 27-M e da dimisión do anterior alcalde, Enrique León.
A Xunta Local de Goberno de Vilagarcía estará formada por sete vocais máis a alcaldesa, correspondendo catro ó PSdG-PSOE, que son Manuel Rodríguez Cuervo, Victoria Hierro, Marcelino Abuín e Dolores Couso e tres ó BNG Xosé Castro Ratón, Ana Lorenzo e Rosa Abuín. Reunirase tódolos martes, ás seis da tarde.
Mantense a distribución do goberno en 4 grandes áreas: Servizos e Obras; e Promoción da Calidade de Vida, que xestionan os socialistas; e Xestión do Territorio; e Igualdade e Benestar Social, polo Bloque. A alcaldesa asumirá ademais Tráfico e Seguridade Cidadá e o resto de concelleiros quedan coas delegacións acordadas no pacto PSOE BNG.
Nos vindeiros días, os diferentes grupos municipais tratarán de chegar a un acordo para a organización definitiva da Corporación co obxecto de poder levar a pleno canto antes os presupostos deste ano.
Redacción Salnés







