Home BARBANZA A Pobra Prohibida a divulgación do vídeo da reconstrución da morte de Diana Quer

Prohibida a divulgación do vídeo da reconstrución da morte de Diana Quer

0
Prohibida a divulgación do vídeo da reconstrución da morte de Diana Quer

A POBRA> A Audiencia Provincial da Coruña prohibe a divulgación nos medios de comunicación do vídeo da reconstrución da morte de Diana Quer. A Audiencia destaca que esta restrición está xustificada para preservar a imparcialidade dos candidatos a xurado.

O maxistrado presidente tomou esta decisión trala solicitude da acusación particular, á que se adheriron a defensa e o Ministerio Fiscal para a suspensión da emisión do vídeo. O maxistrado entende que é innecesario aclarar que a divulgación do vídeo ataca á dignidade e a intimidade das vítimas.

Desta forma Telecinco, cadea de televisión que anunciou que ía emitir o vídeo da reconstrución da morte de Diana Quer, non poderá facelo tal e como solicitou a acusación particular.