RIBEIRA> A Concellería de Cultura de Ribeira programou para verán unha ampla oferta de actividades. ‘Lecer na Ribeira’ englobará música, teatro, animación e demais expresións artísticas para tódolos públicos.
A exposición retrospectiva sobre Manuel Ayaso que se inaugura este sábado no Lustres Rivas abrirá o programa do Lecer na Ribeira que encherá de cultura a capital do Barbanza durante todo o verán.
Haberá máis de 30 actividades para tódolos públicos e das máis variadas expresións artísticas. Concertos, contacontos, danza, cine ó aire libre e mesmo unha gala de Novo Circo Galego este sábado ás oito da tarde no auditorio.
Os interesados en coñecer o programa en detalle poden facelo a través da web municipal. Conta coa colaboración da Rede cultural da Deputación da Coruña, o programa Cultura no Camiño da Xunta e diversas entidades sociais do concello como a Real e Ilustre Confraría da Dorna que está preparando unha mostra fotográfica.











