Arde unha empresa química en Caldas e a contaminación chega ó Umia

    CALDAS > Un incendio nunha fábrica do polígono de Caldas, en Saiar, provocou a alerta este venres en todo o concello e arredores. O lume produciuse sobre as dúas da tarde na empresa química da firma alemana Brenntag e propagouse rapidamente. Os traballadores puideron saír e da-la voz de alarma para desaloxar toda a zona, pero a fábrica non se puido salvar e quedou completamente calcinada. Anque podemos dicir que no incendio de Caldas se evitou a traxedia humana, non foi así. Porque un dos camións de bombeiros que participaban na extinción do lume viuse implicado nun accidente no que tres persoas resultaron feridas, unha delas moi grave. Ocorreu no cruce de Godos.

    explosioncaldas_nubefume_010906.jpg

    Ésta era a imaxe do incendio tan só media hora despois de iniciarse. Eran as dúas e media da tarde e a fábrica de Brenntag ardía sen control. As explosións eran tamén constantes a esa hora, por culpa dos bidóns que se acumulaban na fábrica e que estouraban con gran estrépito. Algún mesmo provocaba grandes chamaradas que expulsaban ondas de calor que se podían sentir a varios metros.

     

     

    explosioncaldas_bombeiro_200_010906.jpg

    Numerosos medios de extinción se atopaban xa na zona, pero podiase comprobar como a magnitude do lume facía pequeño calquera esforzo por apagalo.

     

     

     

     

    explosioncaldas_mediosextincion_200_010906.jpg

    O paso dos bombeiros e protección civil para carga-los depósitos de auga eran constantes, ó tempo que a garda civil e a policía local regulaban o tráfico no lugar, na N-640 e tamén nos accesos e saídas da autoestrada.

     

     

    explosioncaldas_desaloxados_200_010906.jpg

    Tamén foi preciso desaloxar tres fábricas dos arredores e dous restaurantes que están ó lado da empresa afectada. Afortunadamente non houbo ningún ferido, tampouco da empresa queimada, onde había no momento do suceso arredor de 20 persoas. O maior perigo estaba nos depósitos de Gas Natural e na gasolinera de Saiar que se atopaba xusto ó lado da empresa.

     

    explosioncaldas_rio_200_010906.jpg

    Ás cinco da tarde o incendio estaba xa controlado e o maior perigo era a contaminación. Tanto a da nube provocada polo fume como a do río, que xa estaba afectado por un vertido de sulfato de cobre e cortado para o suministro ós fogares.

    explosioncaldas_rio_peixes_010906.jpg

    Ata o lugar do suceso tamén se achegaron os conselleiros de Industria e Medio Ambiente que visitaron a zona xunto co presidente da Deputación de Pontevedra. A maior preocupación de todos eles era a contaminación do río, que en poucas horas chegará ata o mar.

     

    Anque podemos dicir que no incendio de Caldas se evitou a traxedia humana, non foi así. Porque un dos camións de bombeiros que participaban na extinción do lume viuse implicado nun accidente no que tres persoas resultaron feridas, unha delas moi grave. Ocorreu no cruce de Godos. Ás cinco da tarde se producía o tráxico suceso. Ocorría na N-640 no cruce de Godos, en Caldas, onde se atopan as estradas Vilagarcía- Pontevedra e Vilagarcía- Caldas.

    accidentecaldas_200_010906.jpgPrecisamente de Caldas viña un dos camións de Bombeiros que traballaba na extinción do incendio da fábrica que, segundo testemuñas presenciais, levaba as sereas e saltouse o stop que hai nese cruce para incorporarse ó vial en sentido a Pontevedra. De aí viña un camión cisterna de Transcovelo de Pontevedra que ó chocar cos bombeiros botouse enriba dun coche parado no carril central para incorporarse a Caldas e aplastouno literalmente.

    No turismo, un renault 21 matrícula de Pontevedra viaxaban tres persoas. Un menor, que resultou ferido leve e foi trasladado ó Sanatorio Domínguez de Pontevedra, e dúas mulleres de 44 e 68 anos que responden as dúas ás iniciais M. C. C. e que foron trasladadas ó Hospital do Salnés. Unha delas, a máis grave, tivo que ser excarcelada xa que quedou completamente atrapada baixo o camión.

    Redacción Salnés