O executivo pobrés estuda a rehabilitación do cine Elma

    rehabilitacin_cine_elma.jpgA POBRA> Unha vez realizado o informe, este seralle remitido á Deputación da Coruña na procura de financiamento.

    {flowplayer}barbanza/rehabilitacioncineelma.flv{/flowplayer}

    Con esta finalidade dous técnicos do estudio de arquitectura González Cebrián desprazáronse onte á localidade para iniciar o traballo de campo, que permitirá coñecer aquelas principias necesidades que presenta o edificio.

    A intención do executivo local pasa fundamentelamente porque unha vez que estea acabada esta valoración e se conte xa cun anteproxecto, remitirllo á Deputación, na procura do financiamento necesario para poder levar a cabo a mellora.

    Entre as posibles actuacións a desenvolver no edificio figura a construción duns novos vestiarios e servizos, a restauración da fachada, ou mesmo a substitución do actual teito, nun pésimo estado.

    Redacción Barbanza