A obra do centro social de Oleiros nominada á ‘Obra do ano’ de ArchDaily

    RIBEIRA> Trátase da web de arquitectura máis importante do mundo. Despois de conseguir no ano 2015 o Premio COAG, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na categoría Equipamentos, e ser destacado tamén ese ano dentro dos prestixiosos Premios FAD, o galardón máis importante en arquitectura para proxectos realizados en España e Portugal, o centro social de Oleiros vén de acadar un novo logro. O proxecto, realizado polo arquitecto Carlos Seoane, vén de ser nominado nos premios ‘Obra do Ano 2017” promovidos por ArchDaily, a web especializada en arquitectura máis importante e visitada do mundo, con medio millón de lectores diarios e con versións en inglés, español, portugués e chino. O edificio enclavado na parroquia de Oleiros e que foi construído no marco do proxecto Riveira Atlántica 2015 aspira a conseguir o galardón na categoría “Edificios Culturais”, ó que se postulan un total de 58 actuacións realizadas en España e 8 países de Latinoamérica, entre os que se atopan Arxentina, Chile ou México. Entre as obras nominadas figuran o Centro Pompidou de Málaga, o Museo Violeta Parra en Chile ou o Pazo da Cultura e a Comunicación en México.