O PP non apoirá os convenios con LyC e Eroski

    dieste_100_060906.jpgBOIRO > A aprobación dos convenios urbanísticos entre o executivo boirés e as empresas Eroski e LyC parece que non vai saír adiante. Esta é a conclusión que se deduce trala reunión mantida o pasado luns entre representantes do concello e o PP local. Os populares insisten no seu desacordo coas propostas incluídas en ámbolos dous convenios e reiteraron a súa intención de votar en contra dos documentos na vindeira sesión plenaria.

    O próximo xoves 14 de setembro celebraráse en Boiro o primeiro pleno ordinario trala volta das vacacións, unha data na que o executivo boirés pretende pechar dunha vez por todas as negociacións dos convenios con Eroski e a inmobiliarioa madrileña LyC. Ante a coñecida oposición do PP local, o alcalde Xosé Deira concertou o luns unha reunión con representantes populares para pedir o seu apoio de cara a aprobación dos dous documentos. Pero os resultados foron pouco alentadores. O portavoz do PP boirés, Xoán Xosé Dieste, reiterou a intención do seu partido de votar en contra do convenio con Eroski se non se modifica o actual proxecto. Os populares consideran que o convenio proposto polo tripartiro supón un elevado desembolbo económico para o concello e a perda de patrimonio. Unha situación que se evitaba no documento asinado durante o goberno de Jesús Alonso.pleno1_300_120506.jpg

    En relación á construcción doutra área comercial en Espiñeira, Dieste sinalou que a obra é perfectamente realizable dentro dos actuais plans parciais do municipio sen necesidade de montar o edificio ás aforas de Boiro, unha solución que non só beneficiaría ós veciños, pola accesibilidade ó establecemento, senón tamén ó comerciantes.

    O portavoz dos populares acusou ó actual executivo de moverse só por intereses partidistas e económicos sen ter en conta a prosperidade do concello e o benestar dos cidadáns. Sen o apoio dos populares e a coñecida oposición do edil independente Manuel Velo, as posibilidades de levar adiante ámbolos dous plans son cada vez menores.

    Redacción Barbanza