BOIRO> Os afeccionados ó remo teñen dúas citas este domingo en Cabo de Cruz. O peirao da localidade acollerá a 3ª Bandeira Feminina Rianxeira e a 8ª Bandeira Concello de Boiro – Marina Cabo de Cruz.
O campo de regatas de Cabo de Cruz dará cabida este domingo a dúas probas de primeiro nivel. A primeira en saír, as once e media, será a bandeira feminina Rianxeira que, dende a súa creación hai tres anos, conta co patrocinio de Jealsa na súa política de promoción do deporte base. A segunda das probas, a bandeira concello de Boiro Marina Cabo de Cruz, é xa un clásico que este ano acada a súa oitava edición.
A cita deportiva,a primeira do verán, foi presentada nas novas instalacións do club de remo na que xa están a adestrar os deportistas boirenses.