Os veciños reclaman maior vixilancia policial para evitar actos vandálicos

    vandalos_100_060906.jpgRIBEIRA > A Asociación de Veciños Cruceiro de Bandourrío vén de detectar unha preocupante sucesión de actos vandálicos en varias zonas do municipio ribeirés. O colcetivo denuncia que os danos non se producen soamente no mobiliario urbano senón que afectan ós bens privados polo que consideran necesario o incremento da vixilancia policial.

    Son varios os núcleos nos que se teñen rexistrado destrozos nos últimos meses. Sen embargo, unha das zonas máis afectadas pola acción dos vándalos é a rúa Manzanares e arredores, onde se concentra a movida nocturna durante as fins de semana. Tamén o paseo marítimo de Coroso rexistrou ó longo deste verán importantes desperfectos no seu mobiliario urbán.vandalos_200_060906.jpg

    A asociación veciñal Cruceiro de Bandourrío critica a pasividade dos corpos de policía que, a pesar das reiteradas denucias que ten presentado o colectivo. Segundo o seu presidente, Antonio Ángel González, é preciso incrementa-la vixilancia policial para poñer fin a esta crecente tendencia.

    As críticas da asociación ribeiresa diríxense tamén cara o concello que non respecta a ordenanza de limpeza que establece o mantemento dos edificios públicos. Os veciños xa teñen denunciado en varias ocasións a presenza de pintadas nos inmobles da zona de Bandourrío sen que o executivo procedese á súa limpeza.

    Redacción Barbanza