O BNG acusa ó alcalde de dilapidar gran cantidade de fondos públicos

     POBRA> Poñen como exemplo desta situación varias instalacións públicas na zona do Xobre, concretamente o paseo marítimo e o parque infantil.

    {flowplayer}barbanza/bngpobraabandonoxobre.flv{/flowplayer}

    O BNG da Pobra do Caramiñal denunciou a situación de abandono na que se atopan tanto o paseo marítimo do Xobre como o parque infantil existente nas inmediacións. Segundo os nacionalistas, que recollen o malestar de moitos veciños da zona, estas dúas infraestruturas públicas presentan un aspecto descoidado. O mobiliario urbano existente no paseo carece de mantemento, así como o espazo de xogos para os nenos. Dende a formación frentista culpan desta situación ó equipo de goberno, ó que acusan de dilapidar unha gran cantidade de fondos públicos moi importante neste tipo de actuacións, despreocupándose logo do seu coidado.

    Redacción Barbanza