O centro saúde de Boiro contará cunha caldeira de biomasa

BOIRO> O centro de saúde de Boiro será un dos 14 en toda a comunidade que se beneficiarán desta orde de axudas que permitirá a instalación de caldeiras de biomasa.

A actuación é froito do acordo asinado entre a consellería de Sanidade e o INEGA por un importe total de 1’5 millóns de euros.

Segundo explicaron o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a xerente da Área Sanitaria Santiago-Barbanza, Eloína Núñez, durante a visita ó centro, a  mellora suporá un novo pulo dentro da aposta da Xunta pola sustentabilidade e a redución do consumo enerxético.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí