BOIRO > A movida nocturna de Boiro segue a ser orixe de polémica. Nesta ocasión, non se tratou dun desacordo entre empresarios e veciños senón que o problema centrouse nunha nova emitida pola Televisión de Galicia o pasado 23 de novembro.
O tratamento desta información sobre a detención dunha persoa implicada nunha liorta xerou o malestar entre os empresarios da localidade, xa que a televisión autonómica emitiu as imaxes dun local próximo á zona na que aconteceu o suceso o que, ó seu parecer, provoca que o espectador relacione o establecemento cos feitos.
Neste sentido, a ABE vén de manifestar o seu desacordo co xeito de enfoca-la información posto que supón un grave prexuízo para a imaxe pública do devandito local.
Non obstante, a Asociación Boirense de Empresarios quere deixar calro a boa relación existente ata o momento cos medios de comunicación, a pesar do seu desacordo neste feito puntual.
Redacción Barbanza