Antón Brey faise cargo da dirección da residencida da terceira idade da Pobra

    anton_brey_100_070906.jpgPOBRA > A residencia da terceira idade da Pobra conta xa cun novo director. Trátase de Antón Brey Resimil, un licenciado en económicas que afronta por primeira vez a dirección dun centro deste tipo. Brey foi presentado oficialmente esta mañá pola delegada da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar Tareixa Novo, quen destacou a valía tanto profesional como humana do novo director.

    Antón Brey Resimil incorporouse hai dous días á dirección do centro da terceira idade da Pobra, un tempo no que xa tivo a oportunidade de intercambiar algunha conversa cos residentes e avaliar as necesidades máis inmediatas da instalación. Unhas melloras das que xa dou conta á delegada de Vicepresidencia, Tareixa Novo.

    Tareixa Novo asegura que Vicepresidencia xa ten feito un estudo para adaptar varios centros público da comunidade, entre eles o da Pobra. Novo afirma que áinda non pode ofrecer datos concretos pero asegura que a transformación dalgunhas das actuais prazas e asistidas realizarase en breve, xa que se trataanton_brey_200_070906.jpg dunha cuestión urxente.

    O novo director asegurou na súa presentación que chega cargado de enerxía, e preparado para levar a cabo de xeito inmediato unha importante modernización da residencia.

    A residencia da Pobra conta actualmente con 47 residentes máis os 19 membros da plantilla do centro para os que tamén se avecinan melloras na súa situación laboral.A praza ocupada por Antón Brey levaba vacante varios anos dende que o anterior responsable do centro, Consuelo Castro, abandonase o posto. Durante este tempo a dirección da residencia estivo ocupada de xeito intermitente por Ricardo Lago.

     

    Redacción Barbanza