Pecha a campaña da nécora con récord de capturas e de facturación

BARBANZA> Esta medianoite chega á súa fin a campaña da nécora en Galicia. O prezado crustáceo estará en veda ata o mes de xuño. O balance provisional no pode ser mellor, tanto no referente a capturas como a prezos.

Non se lembraba unha campaña da nécora tan boa en toda Galicia dende hai vinte anos. Descargáronse máis de 130 mil quilos deste crustáceo nas lonxas galegas e o prezo medio roldou os 17 euros.

Nas xornadas previas ós festivos do Nadal a cotización chegou a alcanzar récords roldando os cen euros o quilo de nécora grande.

E como soe ser habitual, cando abonda a nécora falla o polbo. Este ano foi especialmente malo para o cefalópodo, practicamente desaparecido do mercado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí