Mariscadores da Pobra retiran os restos de cinza e lodo arrastrados ata a praia dos Raposiños

A POBRA> As intensas chuvias deses días arrastraron ata o mar unha densa capa de lodos. Un dos bancos máis afectados é o dos Raposiños, na Pobra, onde os mariscadores traballaron duramente para retirar a maior cantidade posible dos restos procedentes do monte queimado.

A contrarreloxo. Así traballaron os mariscadores da Pobra para retirar os restos de cinza que a chuvia arrastrou ata a praia dos Raposiños antes de que subira a marea.

Unha capa de sedimentos de máis de 50 centímetros de espesor cubriu o principal banco da confraría pobrense.

O concello achegou un tractor e unha pá escavadora para axudar na retirada destes lodos que, din, están directamente relacionados cos lumes do pasado mes de agosto.

Ante esta situación fan un chamamento á Xunta para habilitar máis medios e, sobre todo, adoptar medidas de prevencións na superficie forestal afectada polos lumes para minimizar as riadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí