Arousa Norte entrega os premios do circuíto ‘Catro carreiras unha meta’

RIBEIRA> O Auditorio Municipal de Ribeira acollía esta pasada fin de semana a entrega de premios do circuíto de carreiras populares promovido pola mancomunidade Arousa Norte. En total foron setenta premiados sumando tódalas categorías en competición.

O auditorio de Ribeira quedouse pequeno este pasado venres para acoller a entrega de premios ás persoas gañadoras da cuarta edición do circuíto de carreiras populares de Arousa Norte. ‘Catro carreiras unha meta’. O acto estivo conducido polo xornalista Terio Carrera e a actriz, Isabel Risco. Eles foron os mestres de cerimonias, dando paso a cada un dos gañadores de cada categoría, dende a Sub-10, ás categorías absolutas, tanto masculinas coma femininas. En total máis de 70 premiados. Ademais dos alcaldes e representantes dos catro concellos da comarca, no acto tamén tomou parte o presidente da Federación de Atletismo, Isidoro Hornillos.
Dende Arousa Norte destacaron a importancia de apostar e traballar no turismo deportivo, ó tratarse na actualidade dunha práctica moi extendida que xera ademais fluxos de persoas que viaxan para practicar a súa afección. Un aspecto este a ter en conta de cara a seguir promocionando a esta comarca coma destino turístico.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí