Éxito na Romaría de San Ramón de Bealo

BOIRO> Esta fin de semana celebrouse en Boiro a Romaría de San Ramón de Bealo. Unha festa que se ven celebrando desde fai máis de 250 anos. Un festexo no que centos de visitantes puideron desfrutar da gastronomía e folclore galegos.

Declarada festa de interesa turístico, o sábado celebrouse no municipio de Boiro o día grande da tradicional Romaría do San Ramón de Bealo. E como cada ano, os festexos contaron cun programa do máis variado e para todos os gustos.

Ata Boiro, acercáronse veciños de tódalas idades para cargar coas imaxes de San Roque, a Virxe das Dores, a Milagrosa, San Pedro e, por suposto, de San Ramón. Unha festa que ten moita historia.

Patrón das embarazadas, San Ramón é a ocasión perfecta para desfrutar da gastronomía galega, de música en directo e dun día en familia.

Este ano os festexos incorporaron algunha novidade, coma instalación dun punto violeta para loitar contra as agresións machistas.