Nace en Barbanza o primeiro banco de tapóns

     BOIRO> A plataforma solidaria destinará o diñeiro recibido pola venda de tapóns de plásticos e cd’s ás familias sen medios económicos que teñan algún fillo con enfermidades graves.

    {flowplayer}barbanza/bancotaponsbarbanzairene.flv{/flowplayer}

    Esta mañá presentábase oficialmente o banco de tapóns do Barbanza. Unha plataforma que xorde co fin de axudar a nenos con enfermidades graves cuxas familias dispoñen de escasos recursos para poder financiar o seu tratamento. A iniciativa tivo como xénese a marea solidaria que se formou para axudar á pequena Paula, a nena boirense que naceu sen sacro.

    Chamamento á colaboración

    Dende a plataforma fan un chamamento á veciñanza desta comarca a colaborar coa entrega de tapóns de plásticos ou cd’s. O diñeiro recadado irá destinado nesta ocasión a Irene Abalo, unha moza tamén boirense afectada de parálise cerebral e que necesita uns 15 mil euros para o seu tratamento.

    Empresas colaboradorasNa iniciativa están a colaborar diversas empresas locais, entre elas Prefabricados Buxán, ubicada no lugar de Valmaior en Cespón, que cedeu desinteresadamente un dos seus locais par ao almacenaxe dos tapóns.

    Redacción Barbanza