BARRO > Un veciño de Cambados perdeu a vida este venres nun accidente de tráfico ocorrido na estrada Vilagarcía – Pontevedra. O falecido é un home de 44 anos que conducía un Seat Córdoba e que ó parecer invadiu o carril contrario, chocando de fronte con outro vehículo. O seu conductor está grave e foi ingresado na UCI do Hospital Domínguez de Pontevedra.
A estrada Vilagarcía – Pontevedra, á altura da saída da vía do Salnés en Curro, cobrouse este venres ó mediodía unha vida. A do veciño de Cambados de 44 anos que responde ás iniciais B.C.C. O home conducía un Seat Córdoba verde matrícula de Madrid 4611-SZ por Curro en dirección Pontevedra.
Case na saída da vía de alta capacidade e por motivos que se descoñecen invadiu o carril contrario chocando de fronte contra un Citroen Jumpy. O conductor deste turismo foi trasladado polo 061 ó Sanatorio Domínguez onde foi ingresado na UCI. Trátase dun home de 42 anos que responde ás iniciais J.M.F.T. e que sofre traumatismo cranial, esguince cérvico dorsal lumbar e diversas roturas e luxacións nas pernas. O seu estado é grave. O cambadés falecido tamén foi trasladado nun primeiro momento polo 061 ó Hospital Montecelo, onde faleceu posteriormente debido ás graves feridas sufridas.
As imaxes do accidente deixan boa constancia da forza do choque que deixou completamente desfeitos os dous vehículos. Ademais foi precisa a intervención dos bombeiros de Pontevedra para excarcerar ó conductor que despois falecería. Ata o lugar tamén se achegaron varias patrullas da Garda Civil que regularon o tráfico na zona.
Redacción Salnés