Varela acusa a EU e PP de exercer unha ‘oposición destrutiva’ en contra dos cidadáns

    VILAGARCÍA>

     

    O goberno de Alberto Varela logra sacar adiante o seu primeiro pleno con medidas de calado. E faino grazas a BNG e Somos, ‘a oposición construtiva’ en palabras do alcalde Alberto Varela. Con eles saíu adiante a actualización das taxas municipais: a rebaixa do IBI urbano segundo o previsto, e a suba do rústico algo menos do proposto polo PSOE. En contra atoparon as críticas de Esquerda Unida e Partido Popular, que con argumentos diferentes tentaron bloquear os plans de Varela.

     

     

    Pouco durou o idilio PSOE-PP en Vilagarcía. Tralo pacto organizativo ó que chegaban hai un mes, onte as dúas formacións volveron situarse nas antípodas no debate sobre a actualización das taxas municipais. Non foi a única formación que se opuxo frontalmente á proposta que o goberno de Alberto Varela levaba a pleno extraordinario. Tampouco Esquerda Unida comungou co plan.

     

    No día despois Varela resumía así o pleno no que conseguiu sacar adiante o seu plan grazas a esa ‘oposición construtiva’: BNG, cos votos a favor, e Somos, que optou pola abstención. Aprobada quedou por tanto a baixada do IBI no seu treito urbano do 0.60 ó 0.58. E a suba do IBI rústico do 0.3 ó 0.7. Non era a proposta inicial, que marcaba o límite en 0.8. O goberno de Varela decidiu ceder á demanda do BNG para obter o seu apoio.

     

    O alcalde amosouse moi crítico con Esquerda Unida e cos populares. Os primeiros votaron contra a proposta de Ravella por considerar que a baixada do IBI urbano era insuficiente, e que se compensaba coa suba do imposto no rural.

     

    Tamén respondeu Varela ás acusacións do PP de impoñer a data de celebración do pleno e non optar por negociala coa oposición.

     

    Malia todo Varela insiste en que a de onte foi unha aprobación inicial da modificación de taxas, polo que durante o período de alegacións, o goberno está disposto a incluír as suxestións aportadas pola oposición.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/20/albertovarela.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/20/VARELA_PLENO_TAXAS.mp4{/flowplayer}