Cores Tourís clausura o obradoiro de emprego ‘Sanxenxo Móvese’

    obradoiro_empregocopy.jpgSANXENXO> Un total de 32 persoas participaron neste taller no que o goberno autonómico investiu case setecentos mil euros.

    {flowplayer}images/salnes/CLAUSURA_SANXENXO_MOVESE.flv{/flowplayer}

    Esta mañá o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, asistiu á clausura do obradoiro de emprego ‘Sanxenxo Móvese’ que se impartiu ó longo deste ano no municipio.

    Nesta ocasión 32 alumnos tiveron a oportunidade de formarse en tres módulos: carpintería, xardinería e traballo forestal e un terceiro sobre atención socio sanitaria. Formación que tanto o Delegado Territorial coma o alcalde en funcións agardan dea os seus froitos no eido laboral.

    E é que estes módulos permitiron que se puidesen levar a cabo diversas obras que melloraron instalacións municipais. Entre elas atópanse varias actuacións de xardinería e mellora forestal nas parroquias de Adina, Noalla ou Vilalonga. Durante o acto, Cores Tourís, anunciou que no 2012 van seguir apostando por este tipo de obradoiros.

    Neste obradoiro, o concello de Sanxenxo investiu ó redor de trescentos mil euros.

    Redacción Salnés