O caso de maltrato animal protagonizado por Juan Lado divide ó pobo de Aguiño

    mani_100_180906.jpgRIBEIRA > O pobo de Aguiño continúa dividido tralo caso de maltrato animal protagonizado por un dos seus veciños. Esta fin de semana, a tensión entre ámbalas dúas partes fíxose evidente no transcurso de dúas concentracións paralelas convocadas na parroquia ribeiresa: unha en defensa de Juan Lado e a outra en protesta polas agresións a calquera ser vivo.

    Un nutrido grupo de veciños da localidade ribeiresa de Aguiño saíron á rúa esta fin de semana para amosar o seu apoio a Juan Lado trala difusión das imaxes nas que este propinaba unha brutal paliza ó seu can. Os manifestantes aclararon que en ningún caso apoian o maltrato animal pero consideran inxunto o ‘linchamento  público’ ó que está sendo sometido o seu veciño.maninterior1_200_180906.jpg

    Segundo explicaron nun comunicado, os feitos aconteceron no ano 2004 e daquela Juan Lado xa foi condenado polo que consideran que a difusión das imaxes na actualidade corresponde a un afán de desprestixia-lo pobo de Aguiño por parte do veterinario que denunciou os feitos, Federico Real. Ademais indicaron que as auténticas razóns da mala convivencia entre o veterinario e varias familias do pobo residen nun porblema de lindes que está a ser debatido nos xulgados.

    Os veciños amosaron tamén o seu rexeitamento á imaxe ‘distorsionada’ que se está a difundir de Aguiño, explicando que se trata dun pobo pacífico e tranquilo.

    Sen embargo, esa ‘tranquilidade’ non foi a nota caracterísitca durante a concentración que compartiu escenario cunha sentada ecoloxista en contra do maltratro animal.  A pesar de que o ambiente estaba moi caldeado, uns e outros mantiveron a calma durante a primeira hora ata que cara ó final das protestas se sucederon varios episodios de tensión.

    A crispación desatouse cando unha das manifestantes ecoloxistas colouse entre a multitude que apoiaba a Juan Lado preguntando por, segundo as suas palabras, ‘o maltratador’. Foi entón cando varias persoas comezaron a increpala e mesmo a ameazala polo que tiveron que intervir varios axentes policiais para evitar que a situación fora a peor.maniinte2_200_180906.jpg

    Despois deste primeiro incidente, membros dun e doutro bando enzarzáronse en constantes desputas esgrimindo argumentos de toda clase para defender as súas posturas. Mentres os defensores de Juan Lado arremetían contra o veterinario, ó que cualificaron de ‘mala persoa e mal veciño’, os defensores dos animais explicaron que a súa protesta non era en contra de Lado senón unicamente pretendía amosar o seu rexeitamento cara calquera tipo de maltrato ós seres vivos.

    Lonxe de rematar a polémica, cada vez son máis as organizacións e particulares que se posicionan sobre o tema, tomando unha e outra postura. O cariz internacional que está a tomar o suceso, que mesmo chegou a ser retransmitido en emisoras de EEUU, fai pensar en que o conflito non chegará, polo momento, á súa fin.

    Redacción Barbanza