Ribeira busca terreos céntricos e ben comunicados para albergar o futuro centro de saúde

RIBEIRA> O concello de Ribeira traballa na busca de terreos para albergar o futuro centro de saúde. Ademais de ser céntricas, as parcelas dispoñibles deberán contar cunha boa conexión de transporte público para facilitar o desprazamento dende outras parroquias.

Tal e como se acordou no último pleno, o concello de Ribeira está a traballar na busca dunha parcela céntrica e ben comunicada para albergar o futuro centro de saúde.

Demandan ademais unha mellora das canles de comunicación coa Consellería de Sanidade posto que a pesar das reiteradas peticións, os responsables municipais non foron recibidos aínda nin polo Conselleiro nin pola xerente da área sanitaria para trasladarlles as opcións de terreos dispoñibles para a súa cesión.

De xeito paralelo ó procedemento para contar cun novo centro de saúde, dende o concello demandan o reforzo do persoal médico no actual para garantir unha correcta asistencia sanitaria.